Comarca de Deza

A medio camiño entre Ourense e Santiago de Compostela e, atravesada polo paso do Camiño de Santiago: Vía da Prata e Camiño de Inverno, a Comarca do Deza, ofrece ao visitante unha gran variedade de atractivos turísticos: Cultura, Arte, Natureza e Gastronomía.
Conformada por seis concellos: Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.
Aloxamentos rurais, modernos hoteis, restaurantes, exquisitos produtos e unha amplia oferta de artesanía, fan deste territorio un destino pracido e tranquilo de obrigada visita.
O territorio conta cunha oferta gastronómica moi variada. O porco, a tenreira, e o galo de curral, o lacón galego, a caza, os embutidos e salazóns, os ovos, o queixo, o mel, o viño, as empanadas, doces e pan, os grelos, e outros produtos da horta, gozan dun merecido prestixio e están presentes en todas as festas e romarías populares.
O sistema fluvial Ulla-Deza xunto con outros ríos e o embalse de Portodemouros, o converten nun lugar emblemático e unha das  zonas máis fermosas da Galicia interior.
Encontrámonos ademais con outros espazos incluídos na Rede Natura, como os Sobreirais do Arnego, a Serra do Candán e de Careón, o Monte Faro, as Brañas do Xestoso e, outros espazos naturais, como a Fraga de Catasós, a Fervenza do Toxa e distintas áreas recreativas que completan a paisaxe da Comarca.
Abundantes pegadas arqueolóxicas, castros, mámoas e a riqueza arquitectónica relixiosa e popular que cos pontes medievais e construcións románicas, conforman os Tesouros do Deza